Concentración en solidaridade co pobo xaponés e en contra da enerxía nuclear
En Ferrol: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Pza. de España).
Del 17 de marzo do 2011 / 19:00
al 17 de marzo do 2011

Verdegaia convoca en Ferrol e Vigo mobilizacións en solidaridade co pobo xaponés e en contra da enerxía nuclear

En máis de 30 cidades españolas, Ecoloxistas en Acción convocou para hoxe xoves, 17 de marzo ás 19h, actos en solidaridade con pobo xaponés e de rexeitamento á enerxía nuclear. A esta convocatoria fóronse sumando diversos colectivos entre os que se encontra Verdegaia.

En Fukushima Daichii prodúxose o segundo accidente máis grave da historia nuclear mundial, tras o de Chernobil. A situación actual é crítica, dada a fuga radiactiva xa detectada a centos de km. da central de Fukushima. Estes sucesos poñen de manifesto o risco no emprego da enerxía nuclear e aconsellan abandoar esta fonte de enerxía. As centrais españolas non están exentas de problemas e supoñen un risco inadmisible. O máis sensato é proceder ao peche escalonado, co obxectivo de prescindir da enerxía nuclear no horizonte de 2020.

Por todo isto, e en solidaridade coas víctimas do terremoto, acude ás concentración.

Lugar: Ferrol, ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Pza. de España).

Hora: 19:00 hs.

Data: 17/03/2011