A pasada fin de semana, Ecoloxistas en Acción e outras ONG convidadas reuníronse en Cádiz cos pescadores artesanais de Andalucía, Galicia e Cataluña, para debater e acadar puntos de loita comúns para a impulsa dunha reforma da Política Pesqueira Común (PPC), que teña en conta a pesca artesanal.

En pleno proceso da reforma da PPC, e nun contexto onde máis do 80 % das poboacións de peixes europeas están sobre explotadas, Ecoloxistas en Acción xulga necesario que as políticas pesqueiras garantan o restablecemento das poboacións de peixes a uns niveis saudables, ao mesmo tempo que promovan a pesca artesanal sostible.

Durante as xornadas contouse coa participación de Miquel Ortega, coordinador político de OCEAN2012, que expuxo en qué punto se atopa a reforma e que implicacións ten esta para a pesca artesanal. Ortega expuxo claramente cales son os principais temas na palestra, en pleno proceso da negociación no Parlamento Europeo e no Consello Europeo. A súa presentación e posteriores debates sobre comercialización e financiamento demostraron unha vez máis que as preocupacións dos grupos ecoloxistas e dos pescadores artesanais veñen da man, e que cada vez son máis os puntos que unen a estes dous colectivos.

Para Lydia Chaparro, responsable de pesca de Ecoloxistas en Acción, a Comisión Europea non tivo en conta a pesca artesanal e ademais esta reforma estase a centrar na regulación da cantidade no canto da calidade. Pero a falta de promoción e apoio da pesca de baixo impacto non solo se atopa en Bruxelas. Chaparro afirma que «o estado Español recorre frecuentemente a promover o consumo dos peixes procedentes da acuicultura intensiva, produtos procesados ou filetes conxelados capturados a miles de quilómetros de distancia.» Así pois, mentres que a flota industrial se beneficia das campañas de promoción costeadas con cartos públicos, a pesca artesanal e sostible non goza de ningún apoio.

Nas xornadas tomaron especial relevancia a conxestión pesqueira, a necesidade de procesos participativos de abaixo cara arriba, un financiamento preferente, e acceso aos recursos para aquelas persoas que pescan da forma máis sostible en materia medioambiental e social, unha boa xestión local dos caladoiros mediante plans plurianuais, un crecemento da investigación mariña, monitorización e seguimento, así como da promoción e unha mellor comercialización dos produtos procedentes da pesca tradicional de baixo impacto.

Neste último punto destacou, por parte dos participantes, a necesidade dun etiquetado único e diferenciado dos produtos artesanais de baixo impacto procedentes de pesqueiras ben xestionadas.

Con todo isto, Chaparro afirmou que «é evidente que ecoloxistas e pescadores artesanais temos que seguir loitando nos puntos que nos unen para asegurármonos unha boa xestión dos caladoiros, ao mesmo tempo que debemos seguir apostando por a promoción dos produtos da pesca artesanal de baixo impacto».