Ecoloxistas en Acción proponche participar na Campaña “Pinta un peixe”

Décadas de sobrepesca e prácticas pesqueiras destrutivas, combinadas cun crecente consumo de produtos do mar, están a baleirar os nosos mares e oceanos. O resultado é que máis do 82% das poboacións de peixes sobre as que se ten información no Mediterráneo, e máis do 50% no Atlántico, están sobreexplotadas. Algunhas das especies máis coñecidas e que están consideradas en perigo de extinción son a anguía, o mero, o bacallau, o salmón, as tartarugas mariñas, e multitude de especies de raias e quenllas. Así mesmo, numerosas outras especies continúan hoxe en día sobreexplotadas e sufriron extincións locais, entre estas especies atopamos algunhas tan coñecidas como a dourada, o linguado, o ollomol, os salmonetes, a anchoa, o peixe espada, o polbo ou o lagostino.

Anímate a pintar un peixe e axúdanos a repoboar os nosos mares!

Máis información en “Paint a fish» (en inglés)

Durante os primeiros meses de 2013, os líderes da Unión Europea (os Ministros e os deputados ao Parlamento Europeo) decidirán se permiten ou non que as poboacións de peixes crezan e se o fan de forma rápida ou demasiado lenta.

Estamos a animar aos nenos e nenas, aos mozos e mozas de toda Europa, a pintaren un peixe para crear unha “grande poboación de peixes virtual” que pedirá aos líderes da UE que se comprometan a conseguir o restabelecemento total das poboacións de peixes o antes posíbel bioloxicamente.

Animamos ás escolas e ás organizacións a realizaren a actividade «Pinta un peixe” para axudarnos a crear esta colorida poboación de peixes e contribuír a restabelecer os recursos pesqueiros da Unión Europea ao seu nível óptimo dunha vez por todas e para sempre.

Todas as imaxes cargaranse na páxina web “Paint a fish” que pedirá aos líderes da UE que protexan os nosos recursos pesqueiros e acaben coa sobrepesca.

Proporciona “Paint a fish” algún tipo de materiais ou recursos adicionais?

Á parte dunha presentación en formato PowerPoint con plantillas de peixes para a actividade Paint a Fish–Pinta un Peixe, tamén preparamos materiais educativos para as escolas e os profesores que queiran planificar e dedicar unha ou dúas sesións ao tema da pesca; estes materiais inclúen:

  • Un plan para unha clase didáctica recomendada para nenos/as de 8-12 anos (cursos de 2º a 5º de primaria)
  • Plans para dúas clases didácticas para nenos/as de 13-16 anos (cursos de 6º de primaria a 2º de secundaria e de 3º a 4º de secundaria ) incluíndo un exercicio de xogo de roles e mini-vídeos.

Podes descargar os materiais “Paint a fish” (en inglés) aquí aquí e tamén traballar con diferentes documentos sobre pesca de Ecoloxistas en Acción. As ligazóns inclúense ao final.

Instrucións para a realización da actividade

  1. Debuxa e pinta un peixe nunha folla de papel en branco ou nunha das plantillas que proporcionamos (animamos aos nenos e nenas a que sexan creativos e debuxen o seu peixe nunha folla en branco!).
  2. Na cara dianteira da folla de papel escribe: o teu nome (só o nome, sen apelidos), idade e lugar (localidade e país).
  3. Escanea o debuxo (ou debuxos) do peixe, ou saca unha foto dixital do mesmo, e envíao por correo electrónico a pesca@ecologistasenaccion.org ; ou cárgao directamente na páxina web paintafish.org .
  4. Se non tes escáner ou non podes fotografar e mandar por correo electrónico os debuxos, manda as follas en papel orixinais á dirección postal: Ecoloxistas en Acción, C/Ribes 19 Ppal 3ª – 08013 Barcelona.
  5. Se ademais, mandas os debuxos orixinais en papel, tes máis posibilidades de que o teu debuxo poida participar nunha exposición colectiva e así entrar nun concurso que permitirá elixir os debuxos de peixes máis vistosos.