Por unha PAC verde e xusta

Todas as versións deste artigo : [Castellano] [Galego]

O 13 de marzo terá lugar una das votacións máis importantes para a agricultura europea e o futuro de milleiros de familias que dependen do agro. En total, máis de 370.000 millóns de euros están sobre a mesa e os eurodeputados teñen nas súas mans o poder para decidir se apostan por manter a situación actual ou votar pola mudanza.

Firma ahora: ¡Por una reforma vital de la PAC!

WWF, SEO/BirdLife, Ecoloxistas en Acción e a Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE) poñen en marcha hoxe unha campaña on-line para que a cidadanía poida dirixirse aos representantes españois na UE. O obxectivo é pedir unha reforma real e duradeira da PAC para fomentar unha agricultura sustentábel que garanta a produción de alimentos e a conservación do ambiente para as xeracións futuras.

A nova PAC debe asegurar que todos os agricutores que reciben axudas directas realicen boas prácticas agrarias, para a protección dos recursos naturais e a biodiversidade (o chamando greening). Tamén piden que se rexeiten as dobres subvencións ilegais, propostas pola Comisión de Agricultura, xa que significaría pagar dúas veces a un agricultor pola mesma acción. A terceira condición que debería cumprir a nova PAC é manter a obriga de que os agricultores cumpran coa lexislación da Unión Europea en materia ambiental, ao recibiren as axudas da UE. E, por último, é imprescindíbel que a reforma da PAC apoie os sistemas de alto valor natural, como os representados pola nosa gandaría extensiva e a produción ecolóxica.

A agricultura española aínda presenta unha gran riqueza social e ambiental e pode gañar moito cunha nova PAC orientada a apoiar os sistemas que realmente producen bens públicos. Por iso, as ONG subliñan a urxencia de actuar agora para evitar que continúe a degradación ambiental como consecuencia de malas prácticas agrarias. Neste senso, lembran que a contaminación e sobreexplotación do 92% dos ríos, acuíferos e lagos europeos débese á agricultura intensiva. Ademais, 300 millóns de aves ligadas aos medios agrarios desapareceron desde 1980. Sen esquecer os temas sociais, a actual PAC non impediu a destrución de 3,7 millóns de empregos agrarios durante a última década na UE.

Carta enviada a europarlamentarios (en inglés)

Nesta mesma liña de presión e loita por unha PAC verde e xusta, máis de 270 organizacións europeas (80 españolas) mandaron unha carta conxunta aos Europarlamentarios para exixiren unha reforma da PAC que apoie aos agricultores que contribúen a manter un medio rural vivo, mentres producen alimentos sans para as persoas e o medio. Alén diso, solicitan que as subvencións que afectan negativamente o ambiente, a saúde, os países en vías de desenvolvemento e o benestar dos animais sexan eliminadas.

Nesta carta, sindicatos, organizacións de produtores, consumidores, ecoloxistas e de cooperación ao desenvolvemento, entre outras, piden que no Pleno do Parlamento Europeo do 13 de marzo, os Eurodeputados actúen en nome do interese público e voten en consecuencia.