PDF - 7.6 MB
[Informe] La ruina de la fractura hidráulica

A aposta polo gas natural non convencional extraído mediante fractura hidráulica é unha decisión enerxética, económica, ecolóxica e estratexicamente errónea. Cada vez hai máis indicios de que ao redor desta técnica extractiva, tamén chamada fracking, levantouse unha burbulla especulativa.

A fractura hidráulica ten se baseado sistematicamente en estimacións de reservas moi superiores ás que se puideron extraer finalmente. No caso de Estados Unidos, o único lugar do mundo onde se desenvolveu a técnica extractiva de forma masiva, até en 100-400%.

A isto hai que lle engadir o feito de que o fracking ten unha rendibilidade enerxética preocupantemente baixa (Taxa de Retorno Enerxético,TRE: 2-3:1) que torna inviábel enerxeticamente un futuro baseado neste tipo de combustíbel.

Asemade, e segundo os últimos datos de extracción de gas de esquisto de EE UU, detéctase unha tendencia descendente na curva de extracción desde hai meses, o gas só dura uns poucos anos. Así se explica no informe «La ruina de la fractura hidráulica», que Ecoloxistas en Acción presenta a dous días da manifestación estatal contra o fracking que terá lugar en Burgos.

De acordo cos datos, o 80% dos pozos estadounidenses non son rendíbeis economicamente, existen importantes empresas de operación con débedas substanciais. Cada vez hai máis indicios de que ao redor da fractura hidráulica levantouse unha burbulla especulativa que non se sostén sobre unha base física real, onde os únicos beneficios económicos son os conseguidos polos grandes actores investidores financeiros.

Para Ecoloxistas en Acción carece de sentido ambiental, enerxético, económico e estratéxico hipotecar o futuro das rexións afectadas polos proxectos de fractura hidráulica xa que nin sequera a promesa dunha hipotética fonte enerxética rendíbel cumprirase. A verdadeira soberanía enerxética provén da adecuación ás condicións físicas dos territorios, o aproveitamento mediante tecnoloxías renovábeis, e a tomada de decisións e a xestión realmente democráticas das cuestións relacionadas coa enerxía.