Por una costa sana y una pesca con futuro
En A Coruña
Del 3 de agosto de 2013 / 12:00
al 3 de agosto de 2013

El Diosa Maat se alía con las pesquerías tradicionales de A Coruña

El velero de Ecologistas en Acción atracará este sábado en el puerto de A Coruña para reivindicar la importancia socioeconómica y medioambiental de la pesca artesanal y el marisqueo

La asociación ecologista llega a aguas gallegas con un lema claro: “Por una costa sana y una pesca con futuro”, bajo el proyecto que cuenta con la colaboración de la Fundación Biodiversidad, del Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Para ello, tiene programadas multitud de actividades que darán apoyo a los tres pilares básicos de la campaña: la protección de los ecosistemas, la mejora de la gestión de los stocks pesqueros y el apoyo a las pesquerías costeras artesanales.

Entre las actividades previstas, los vecinos de A Coruña podrán disfrutar de una degustación de pescado local mientras intercambian opiniones con los pescadores de la zona, podrán realizar visitas guiadas al velero, entretenerse con la exposición de paneles sobre la pesca artesanal que habrá en la carpa contigua a la embarcación o dejar que los más pequeños se diviertan y aprendan sobre el mar y sus inquilinos mientras dibujan o moldean con papel los peces y crustáceos característicos de estas aguas.

Todo ello con el objetivo de ensalzar el trabajo de los pescadores artesanales, fomentar el compromiso con la sostenibilidad de los ciudadanos y ciudadanas gallegas y subrayar la importancia de salvaguardar la sostenibilidad y equidad ambiental, económica y social de las comunidades costeras.

Qué: Jornada en A Coruña por una pesca sostenible
Cuándo: Sábado, 3 de agosto a partir de las 12,00h.
Dónde: Muelle del Real Club Náutico. Al lado de la entrada al Palexco.

O Diosa Maat alíase coas pesqueiras tradicionais de A Coruña

O veleiro de Ecoloxistas en Acción atracará este sábado no Porto de A Coruña para reivindicar a importancia socioeconómica e medioambiental da pesca artesanal e o marisqueo

A asociación ecoloxista chega a augas galegas cun lema claro:”Por unha costa sa e unha pesca con futuro”, baixo o proxecto que conta coa colaboración de Fundación Biodiversidade, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Para iso, ten programadas multitude de actividades que darán apoio aos tres piares básicos da campaña: a protección dos ecosistemas, a mellora da xestión dos stocks pesqueiros e o apoio ás pesqueiras costeiras artesanais.

Entre as actividades previstas, os veciños de A Coruña poderán gozar dunha degustación de peixe local mentres intercambian opinións cos pescadores da zona, poderán realizar visitas guiadas ao veleiro, entreterse coa exposición de paneis sobre a pesca artesanal que haberá na carpa contigua á embarcación ou deixar que os máis pequenos se divirtan e aprendan sobre o mar e os seus inquilinos mentres debuxan ou moldean con papel os peixes e os crustáceos característicos destas augas.

Todo iso co obxectivo de enxalzar o traballo dos pescadores artesanais, fomentar o compromiso coa sostibilidade dos cidadáns e cidadás galegas e subliñar a importancia de salvagardar a equidade ambiental, económica e social das comunidades costeiras.

Evitar o colapso das pesqueiras ou a súa sobre-explotación é un asunto de todos. A participación dos pescadores na coxestión dos recursos pesqueiros é o seguinte paso a dar e necesario para lograr o obxectivo de sostibilidade. No mar non pode dominar a «lei da selva» segundo a cal o máis «forte» é o único que se alimenta. No mar, as leis de goberno deben estar inspiradas buscando sempre o interese e o ben xeral para todos. A coxestión, pode facilitar este camiño.

Que: xornada en A Coruña por unha pesca sostible.
Cando: sábado, 3 de agosto, a partir das 12h.
Onde: peirao do Real Club Náutico. Ao lado da entrada ao Palexco.