Galiza. Ecoloxistas en Acción envía unha carta aberta á Xunta ante o fomento da intelixencia artificial na educación
Con motivo do Congreso ‘Intelixencia artificial e educación’ para docentes impulsado pola Xunta de Galicia o vindeiro sábado 16 de marzo en Compostela, dende Ecoloxistas en Acción difundimos esta carta aberta asinada por Javier Zarzuela Aragón, co-coordinador da campaña escolar sobre o uso dos medios dixitais.