Denunciando as consecuencias da crise climática

A grave e prolongada seca e as ondas de calor récord que está a sufrir o Australia están detrás destes graves incendios. Estas secas e olas de calor son consecuencia, entre outros factores, do cambio climático que esta sufrindo o noso planeta. O que está sucedendo en Australia ven antecedido pola devastación das lamas na Amazonia, California e noutros lugares que por desgraza non saen nas noticias. O que está sucedendo nas nosas antípodas pode sucedernos a nós e ter un desastre ecoloxico maior do que estamos acostumados cada verán porque a crise climática afecta a todo o planeta. A emerxencia climática é un grave problema que temos que abordar entre todas coin decisión e sen máis demoras.

Por iso desde o Movemento Galego polo Clima en Vigo, no que participa Ecoloxistas en Acción, realizamos este acto coa intención de seguir chamando a atención sobre a necesidade de abordar sin dilación a crise climática con medidas drásticas respecto a emisión de CO2 á atomosfera.

Estes incendios catastróficos son froito dun complexo número de factores (aumento de vexetación seca e falta de xestión forestal, non ter en conta as zonas de risco de incendio na planificación urbanística, etc.), e por suposto o cambio climático que, como dixemos, fai que os bosques estean en máxima vulnerabilidade en canto aparece o lume. Por iso, ademais de lidar coa devastación inmediata, o Goberno australiano debe tomar medidas serias para reducir as emisións a fin de limitar o impacto da crise climática na poboación australiana e outras persoas en todo o mundo. Os gobernos de todo o mundo tamén teñen a responsabilidade de establecer un vínculo claro entre a crise incendiaria de Australia e a emerxencia climática global. A redución na queima de combustibles fósiles en todo o mundo é clave para previr estes impactos catastróficos nun planeta cada vez máis quente.