Hoxe, 22 de xaneiro, estivemos presentes na marea de alegacións que asolagou Mos para parar o pelotazo urbanístico nos montes de Tameiga.

Con 5.000 alegacións baixo o brazo acudimos as comunidades afectadas e as principais organizacións ecoloxistas e sindicais do país á cita na Praza do Concello para salvar os montes comunais do despropósito do macro proxecto comercial #NonPasarán #OMonteNonSeVende