O ardúo traballo de todas as ecoloxistas acadou que ao escoitar a palabra clima inmediatamente ecoe na nosa cabeza a palabra emerxencia. A acumulación de evidencias da perigosa deriva para a vida no noso planeta é tan incontestable que até o lobby negacionista entregou a cuchara no seu intento de controlar e distorsionar o imaxinario popular. A sociedade ten tan interiorizado a grave situación que os cárteles do ouro negro xa só tratan de gañar tempo, de exprimirlle uns dolares máis ao futuro do planeta pensando que a guadaña só chamara a porta das casas máis humildes. Pero cada tic tac que permanecemos ociosas a nosa supervivencia se encarece.

A poboación sabe que sen demora hai que conxugar a vida cun desenvolvemento sostible, e busca coa mirada á clase política agardando solucións. En Vigo esas miradas quedan perdidas no vacío. O goberno local segue ancorado no desarrollismo trasnochado do século pasado incapaz de abordar os retos deste século. Camiñando como un dinosaurio cegado pola súa grandeza deixando as súas pegadas cara o abismo. De pouco serviu o sprint do alcalde para sair na foto finish das primeiras cidades en asinar a declaración de emerxencia climática se a renglón seguido extravía o manual adxunto coa declaración.

Hai políticos que bastante teñen con sobrevir na súa mediocridade como para esixirlle que sexan punta de lanza. O rexidor de Vigo carece de dita coartada, xa que atesoura capital político de sobra para abanderar a transición ecolóxica da cidade olívica. Nembargantes prefire dilapidar todo ese capital apostando por seguir acumulando formigón e ferro tiznados de CO2. Préndense as luces, sóa o repique de tambor, xesticula o alcalde de Vigo con grandilocuencia e nos anuncia que declara a emerxencia climática e a súa medida estrela é a contrucción dun tunel no saco vello da cidade. O noso Olivo bicentenario, adusto e solemne, treme como un pusilánime cada vez que lle pousa a mirada o alcalde, vendo como se as gasta este cos seus conxéneres. O son da motoserra anuncia cada obra: Gran Vía, Vía Norte, O Castro e agora o entorno da Porta do Sol. Non hai remodelación en Vigo que non cercene a estas testemuñas mudas do devenir da nosa cidade.

Todas queremos ese gran espazo de encontro coronado polo sireo. Todas queremos un Vigo histórico humanizado, peonil sen fumes nin estridencias, pero non sobre a carcova dun tunel de CO2.

O mundo movémolo desde abaixo. Movémolo con actos como o de hoxe no que saimos a rúa xuntas a lembrar o camiño aos renuentes e sinalar as bifurcacións aos que preferen perderse nas vías mortas. Movémolo xuntas coa forza da a clarividencia que nos da vislumbrar o futuro que lle depara aos nosos se permanecemos man sobre man. O mundo movémolo desde abaixo pero sempre é máis doado se o dirixente de turno non é un peso morto.

As ecoloxistas sairemos a rúa da man das compañeiras de Vigo Histórico unha e mil veces a clamar contra o disparate dun túnel nun entorno que xa debía estar declarado Zona Baixa en Emisións. Sairemos a esixir máis rúas peonís, a impedir talas caprichosas, a denunciar o despilfarro enerxético, a defender os montes da nosa bisbarra dos delirios urbanísticos, a lembrar que a nosa ría non pode aturar máis recheos.

Aínda que os dinosaurios do século pasado rematen está vez aplastando as esperanzas da xeneración folereciente, sairemos unha e outra vez a lembrarlles que non imos compartir o seu camiño á extinción. Negámonos a ser reféns dos dinosaurios do século pasado.