• Ecoloxistas en Acción Galiza ven de presentar alegación e sumarse a mobilización veciñal contra un gran parque eólico proxectado polo Principado de Asturias nos concellos de Ibias, Allande, Grandas de Salime e Pesoz no límite co concello lucenese de Negueira de Muñiz.
  • Ecoloxistas en Acción reclama apoio para a Plataforma veciñal Stop Eólicos Negueira constituida para impedir a agresión ambiental que implicaria a construcción dun parque eólico enriba dunha zona de tan alto valor ecolóxico como Negueira de Muñiz, reserva da biosfera, zona de especial conservación e pertencente a Rede Natura 2000.

Pita do monte (Tetrao urogallus)

A entidade ecoloxista advirte das graves implicacións ambientais deste proxecto industrial de explotación eólica para numerosas especies amezadas tanto asturianas como galegas. Así a zona afectada ten presenza recente da pita do monte (Tetrao urogallus) especie en peligro critico de extinción e tamén do oso pardo (Ursus arctos) ambas con sendos plans de recuperación en Asturias.

As ecoloxistas advirten da gran riqueza ambiental da zona e sinalan os graves prexuizos sobre a biodiversidade desta zona incluida na Rede Natura 2000, con especies ameazadas e de escasa distribución como o Voitre do Exipto (Neophron pernopterus), o furapresas (Galemys pyrenaicus) ou o peto mediano (Dendrocoos medius), especies incluidas no catálogo rexional de especies vertebradas amenazadas de Asturias, ademáis de diversas especies de anfibios e réptiles endémicas como a lagartixa da serra (Iberolacerta monticola).

Dende ecoloxistas alertan ademáis que este proxecto pode ter consecuecias negativas sobre a biota da montaña lucense ao actuar como efecto limitante e fracturante do corredor ecolóxico cantábrico impedindo a recuperación da águia real na montaña lucense ou a da pita do monte (actualmente extinta na zona dende o comezo do século XXI).

A cercanía do proxecto a Galiza (a apenas 2 km da raia con Asturias) fai que este proxecto teña implicacións sobre especies incluídas no catálogo galego de especies ameazadas, como a águia real (Áquila chrysaetos), cuxo voo non entende de límites xeopolíticos.

«Solicitamos amplitude de miras e ambición ambiental na defensa da biodiversidade non só ao goberno do Principado de Asturias senon tamén ao da Xunta de Galicia, apostando por proxectos de transición enerxética que teñen menos impacto sobre os hábitats pristinos e as especies senlleiras de ambos territorios», reclama Alberto Riveiro, voceiro de Ecoloxistas en Acción.

As especies en perigo de extinción, cunha distribución reducida comparada coa súa área de distribución histórica deben ter un apoio institucional non só protexendo o hábitat actual, senón protexendo tamén o hábitat da súa área de distribución recente para garantir unha recuperación real destas especies. Ecoloxistas en Acción apunta que se se quere recuperar realmente á pita do monte hai que garantir que o seu hábitat potencial no que a especie estaba presente até datas recentes.