• Dentro da rolda de contactos coas administracións a Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos reuniuse con Pablo Rivera, deputado da Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, con quen compartiron a preocupación de que os fondos europeos de recuperación non sexan empregados para acadar unha verdadeira transición enerxética e cambio do modelo produtivo.
  • A Deputación de Lugo, ao igual que a Fegamp, tamén se suma á reclamación de que os concellos galegos sexan os protagonistas clave na captación e xestión dos fondos europeos como administracións máis achegadas á cidadanía.

A Coordinadora recalcou o dereito da cidadanía a decidir o destino dos fondos euopeos e sen embargo está sendo ninguneada cando será  esta quen teña que devolver estos empréstitos, ben a través do gravamen nos impostos ou ben sufrindo os recortes orzamentarios estatais que implicarán mermas, xa anunciadas, no sistema público de pensións ou nos dereitos laborais Desde a Xunta estanse a presentar proxectos coas grandes empresa do IBEX que non van a redundar en satisfacer as necesidades básicas da poboación e pola contra o goberno galego está a desdeñar a participación dos concellos como instrumento para a mellora das prestacións e servizos sociais.

Na reunión houbo sintonía na necesidade de non orientar os fondos cara a grandes proxectos extractivistas e no seu lugar financiar proxectos para reforzar a sanidade, a educación, os coidados no entorno, o transporte, a cobertura telemática de calidade, recuperar a atención personalizada á cidadanía para facilitar todas as relacións coas administracións ou acadar a soberanía alimentaria.

“Temos deficiencia de infraestruturas comarcais ou locais que poderiamos solucionar con estes fondos, no caso concreto da provincia de Lugo poderíanse empregar para recuperar os matadoiros públicos  de animais pequenos e grandes, de despece, e locais homologados para a transformación do producido na granxa, xunto coa dinamización das actividades complementarias” explica Xosé Ramón do Sindicato Labrego Galego e membro da Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos.

Outra grave problematica no rural que podía ser solucionada co emprego deste fondos é o deficitario tratamento dos residuos urbanos e animais. Ademais dunha severa limitación da dimensión das granxas e fomento da gandería extensiva e necesario un tratamento axeitado do esterco e xurros que remate coa grave contaminación que están provocando a industria cárnica das macrogranxas.

“Arrastramos un grave problema de contaminación co tratamento actual dos residuos urbanos que en vez de reutilizarse ou reciclarse, na súa meirande parte remata en grandes centros de incineración ou en vertedoiros. Os fondos europeos deberían servir para solucionar estos problemas sistémicos.” recalca Cristóbal López voceiro de Ecoloxistas en Acción e membro da Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos.