• Ecoloxistas en Acción e a asociación Cheiros Non reiteran as denuncias polos malos cheiros procedentes da planta de tratamento de residuos TEN no concello de Touro.
  • A organización ecoloxista e a plataforma veciñal denuncian o desleixo do Concello de Touro ante as denuncias da veciñanza e a súa complicidade na burla continuada da empresa.

A planta de tratamento de residuos ubicada no concello de Touro, nos terreos da antigua mina, sigue a ser motivo de controversia.  Continúan as queixas polo mal estar da veciñanza que vive máis perto das instalacións de dita planta de residuos. Desde a entrada en funcionamento desta planta de residuos a veciñanza da zona ven denunciando o incumplimento da Autorización Ambiental Integrada ante os reiterados episodios de emanacións tóxicas.  Uns cheiros nauseabundos que se producen a diario e a calquera hora do día mermando a calidade de vida da poboación e impedindo desenvolver unha vida con normalidade, xa que as veciñas e veciños teñen que refuxiarse nas súas casas para fuxir destas emanacións.

Sinalan que o Concello recibe a cotío estas queixas e denuncias por escrito e verbalmente, pero a única medida que adopta é dar traslado das mesmas directamente á empresa TEN sen asumir as súas competencias ante o sistemático incumprimento da aurorización ambiental. Ademáis, denuncian, o fan obviando a lei de protección de datos de carácter persoal, xa que sen ningún miramento facilita datos protexidos a esta empresa privada.

A pesar das reiteradas queixas e de que a asociación Cheiros Non reuniuse coa xefatura da Consellería de Medio Ambiente por este motivo, a administración galega tampouco actuou en amparo da veciñanza. Ademais Ecoloxistas en Acción ten solicitado en reiteradas ocasións a Medio Ambiente que tomara medidas urxentes para que a planta de residuos cumpla a autorización ambiental integrada.

Denuncian que sen o amparo das administracións a veciñanza afectada atópase en mans da empresa TEN quen fai caso omiso das queixas escudándose en que os malos cheiros son endémicos da zona e non procedentes das moreas de residuos e lodos sen tratar axeitadamente acumulados nas instalacións da empresa.  Nos informes aportados pola empresa constátanse valores de amoníaco na Cruz de Méndez e en Tribás, con cambios ao longo do día de xeito continuado de maior e menor intensidade. Pero TEN limítase a ofrecer os seus datos de medición de olores indicando os que lles salen dentro dos límites, sin que se coñeza o alcance e os efectos que sobre a saúde.

Ecoloxistas en Acción e a asociación Cheiros Non esixen as administracións públicas que instalen unha estación medidora da calidade do aire nas inmediacións da planta de residuos para determinar a que sustancias tóxicas, como o amoníaco, se está expoñendo a veciñanza e averiuar así a afección á saúde. Unha afección que depende de varios factores como a dose, a duración da exposición, a maneira de exposición, as propias condicións de saúde e a idade das persosa que respiran ditas emanacións e si están presentes outras sustancias químicas que actúen conxuntamente.