Ecoloxistas en Acción Galiza e o colectivo Activistas Galegas Antiespecistas (AGA) instan ao Concello de Saviñao a realizar unhas festas sen malos tratos animais.

Onte, Ecoloxistas en Acción Galiza e o Colectivo AGA entregaron por rexistro un comunicado no cal solicitaron ao Concello de Saviñao (Lugo) e ao seu alcalde, Juan Carlos Armesto Quiroga, a suspensión da carreira de burros programada para o martes 9 de agosto ás 12:00 horas, por considerar que un evento así promove os malos tratos animais.

As carreiras de burros hoxe en día teñen un gran rexeitamento social xa que, os burros asustados son obrigados a correr, rodeados dunha multitude que grita, cargando nos seus lombos a unha persoa. Ditas competicións obrigan aos animais para moverse cunha velocidade non habitual, sen importar o estrés, os danos físicos que se lle poidan producir e con el único obxecto de divertir ao público presente. Ademais, son empuxados, zarandeados, golpeados e humillados, presentando un cadro de angustia e terror.

Hai probas clínicas que afirman que o animal sofre danos psicolóxicos e físicos. A revisión veterinaria e análise dos burros usados en anos anteriores en eventos similares como o Festival do Peropalo en Villanueva de la Vera, confirmaron danos metabólicos e ruptura muscular. Os burros son moi vulnerables a o estrés e leste pode causarlles hiperlipemia e a súa morte en menos de 48 horas. Ademais, en plena onda de calor, un veterinario con ética e coñecementos, non permitiría que se sometese a estes animais a tal esforzo físico, que os levaría á morte por golpe de calor.

Moitos cidadáns e cidadás galegos senten auténtica vergoña de que estas carreiras sigan permitíndose en Galicia amparadas na “tradición” e, por todo isto instan a que se suspenda esta actividade e que os responsables da organización destes festexos asuman que hai moitas formas de divertir aos veciños e veciñas de Saviñao, sen usar aos animais.

Piden ao Concello de Saviñao e ao seu Alcalde Juan Carlos Armesto Quiroga que realicen unhas festas libres de sufrimento animal e solicitan  pronta resposta a esta petición xa que son moitas as voces que se alzaron solicitando que se fagan unhas festas que non inclúan os malos tratos animais como atracción principal.

Solicitouse ademais ao Colexio de Veterinarios de Lugo que se pronuncie fronte a este tema.