Diante da crecente presenza destes vehículos nas cidades, Ecoloxistas en Acción elaborou un exhaustivo estudo baixo o epígrafe “4×4 = – Planeta”, traducido e presentado en Galicia por Verdegaia, que vén a demostrar a alta capacidade de destrución ambiental que posúen estes vehículos. Do informe despréndese que se ben os impactos que ocasionan estes vehículos son comúns a todos os automóbiles, o grao de incidencia dos mesmos é moito máis acusado nos 4×4.

Os datos son demoledores:

No terreo das emisións, a maioría dos modelos de 4×4 presentan uns niveis de emisión de CO2 moi elevados, xeralmente por riba do resto de vehículos. Dos 20 modelos máis vendidos no Estado español no 2006, practicamente todos emiten por riba dos 200 g de CO2/km (segundo Faconauto, a media de emisións dos vehículos matriculados no 2006 foi de 152 g/km). No contexto actual, no que a contribución do transporte ao cambio climático medra de forma imparable, os 4×4 representan unha opción totalmente insostible. Ademais, e de forma paralela, os niveis de emisión doutras contaminantes atmosféricos son tamén máis elevados, contribuíndo a aumentar as afeccións cardiorrespiratorias e agravando a precariedade atmosférica das cidades.

Tampouco se debe desdeñar do impacto directo destes vehículos no medio natural, supoñendo un forte incremento da presión sobre contornos até o de agora pouco accesibles. Ademais, é necesario subliñar a degradación que se vén observando na rede de camiños e pistas forestais, que no caso español equivale a máis de 600.000 km.

O estudo desmonta a falacia sobre a “maior seguridade” dos 4×4. Así, apórtanse datos que cuestionan a maior seguridade destes vehículos para os seus ocupantes. Por exemplo, no 2003, a Axencia de Seguridade de Tráfico de EE UU informaba de que os todoterreno volcan con máis facilidade, e nos accidentes por volco o índice de mortalidade dos ocupantes era 3 veces maior nos 4×4 que nos turismos1. Ao mesmo tempo, se evidencian unhas consecuencias moito máis graves en caso de sinistro ou atropelo, tanto para os ocupantes dos vehículos cos que colisionan como para os viandantes. Así, un recente estudo, levado a cabo en EE UU, demostra que un viandante atropelado por un 4×4 de grandes dimensións ten o dobre de posibilidades de morrer que outro atropelado en idénticas condicións por un turismo de tamaño normal.

A causa desta concentración de impactos negativos está na peculiaridade esencial destes vehículos: maior volume, maior peso e maior potencia, e, polo tanto, un maior consumo de enerxía e unhas maiores emisións. Desta maneira, os 4×4 convértense no icono da insostenibilidad motorizada. Isto é, na punta de lanza dun modelo de mobilidade baseado no automóbil, cuxas múltiples repercusións sociais, ambientais e económicas teñen importantes afeccións tanto locais como de ámbito global.

Ecoloxistas en Acción e Verdegaia consideran necesario romper coa visión mitificadora que a publicidade utiliza co único obxectivo de vender un tipo de vehículo totalmente innecesario na cidade, e moi cuestionable no campo. Así mesmo, é necesario unha mudanza de percepción sobre os condutores destes vehículos: lonxe de ser representantes do éxito social, non son senón o expoñente máis claro da dilapidación de recursos e de insolidaridad co resto do planeta.

O informe termina expoñendo unha serie de boas prácticas e de medidas para as Administracións, algunhas delas específicas para os 4×4.

Este estudo enmárcase dentro dunha campaña de ámbito europeu que durante os dous próximos anos realizará diversas actividades e actos públicos para incrementar conciénciaa crítica sobre este tipo de vehículo. Campaña relacionada, tamén, co proceso lexislativo actualmente en marcha na Unión Europea respecto ás emisións de CO2 da nova flota de automóbiles. Ecoloxistas en Acción considera que a Unión Europea debe establecer un límite obrigatorio de 120 g de CO2/km na nova flota a partir de 2012, de modo que vehículos tan contaminantes como os todoterreno empecen a desaparecer das nosas cidades.

Informe 4×4=- planeta