Ecoloxistas en Acción outorga este ano 79 Bandeiras Negras aos lugares máis degradados e 12 Puntos Negros aos lugares máis ameazados da costa. Destes galardóns, 20 corresponden ás obras e infraestruturas, 23 ao urbanismo sen control, 33 ás verteduras ao mar e 3 corresponden aos «residuos» xerados polos grandes eventos.

Informe Banderas Negras 2012

Ecoloxistas en Acción presentou o seu informe anual Bandeiras Negras, co título Pouca vergoña, que analiza a situación da costa, mostrando a degradación e ameazas que sofre o litoral español. Así mesmo, sinala a responsábeis e implicados neste proceso de destrución.

A grande proliferación de obras e infraestruturas provocou unha rápida e descontrolada transformación do solo. Na actualidade o 75 % do litoral áchase urbanizado ou declarado urbanizábel, o 44 % da poboación vive na costa e a industria do turismo desenvolve o 80 % da súa actividade na estreita franxa de 7 quilómetros, onde se estima pasan as súas vacacións 48 millóns de persoas.

O informe identifica 12 Puntos Negros, que sinalan lugares que non sofren unha transformación do territorio destacada e que se encontran en estado semivirxe, mais ameazados por proxectos que poden provocar a desaparición dos mesmos. Algúns destes casos son Valdevaqueros (Cádiz), Marina de Cope (Murcia) ou a Praia de Ahuir en Gandía (Valencia).

A análise do urbanismo denuncia a pouca vergoña das Administracións Públicas por seguir favorecendo aos responsábeis do legado da industria do ladrillo e a especulación, que cos usos do solo infestaron a costa de activos tóxicos, é dicir, procesos especulativos de outrora pasaron a ser a día de hoxe vivendas e solos sobrevalorados, claro exemplo diso son a zona da Mangueta en Vejer (Cádiz) ou Marina de Cope, entre outros. Atopámonos perante máis de 730.000 vivendas dispoñíbeis ou en venda (entre 2004-2010), nada menos que o 65 % do total.

O informe detalla as obras costeiras que, aínda que en 2011 o orzamento da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e Mar se reducise a 100 millóns de €, o investimento para artificialización da costa mantívose: Construción ou culminación de obras de creación de paseos marítimos como os de Bolnuevo (Murcia), o Delta do Río Andarax (Almería), Gandía (Valencia), Badalona (Barcelona) ou Cunit (Tarragona). O mantemento e consolidación de novos núcleos urbanísticos como Benicassim (Castelló), a Costa Occidental de Málaga ou La Mamola (Granada). E a achega artificial de area de xacementos mariños ou de canteira repártese por toda a costa.

Outra obra costeira con enorme impacto sobre o perfil costeiro é a elevada construción de portos deportivos, que provocan altos impactos sobre grande número de praias, por exemplo en Barcelona, Tarragona, Valencia ou Castelló.

As infraestruturas de Portos do Estado son causantes da destrución de numerosas praias, como é o caso do Porto de Valencia, con maior incidencia na Albufera, a ampliación das súas infraestruturas para a Copa América e a Fórmula 1, eventos que ademais arruinaron á Generalitat Valenciana.

En termos globais, os investimentos en infraestruturas portuarias contidas no Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transportes 2005-2020, son de 22.489 millóns de €, destinados a aumentar un 75 % a capacidade dos portos.

Por último, o estado das costas é cada vez máis preocupante, en termos de calidade de augas e situación dos ecosistemas. Neste aspecto o déficit de infraestruturas e mala depuración de augas residuais representa un grave problema que se suma ao causado polas verteduras procedentes do sector industrial. No informe Bandeiras Negras considérase necesario unha adaptación das depuradoras á capacidade do territorio evitando así as continuas verteduras de augas residuais mal depuradas, modificando a Lei de Responsabilidade Ambiental en materia de verteduras, para que estas deixen de ser rendíbeis por riba da afección e contaminación dos recursos públicos.

Bandeira Negra Motivo Provincia
Delta del Río Andarax Obras Almería
Puertos de Carboneras Obras Almería
Fuentebravía, El Puerto de Sta María Obras Cádiz
La Mamola Obras Granada
El Rompido, Cartaya Obras Huelva
Costa occidental Obras Málaga
Planta de Cogeneración de Abengoa Vertidos Almería
Playa las Marinicas Vertidos Almería
Playa El Zapìllo Vertidos Almería
Bunkering en Bahía de Algeciras y Alborán Vertidos Cádiz
Playa de La Atunara, La Línea Vertidos Cádiz
Rambla de los Capuchinos, Motril Vertidos Granada
Playa Granada, Motril Vertidos Granada
Almuñécar Vertidos Granada
Matalascañas Vertidos Huelva
Hotel Algarrobico Urbanismo Almería
El Palmar Urbanismo Cádiz
Isla canela Urbanismo Huelva
Costa occidental Urbanismo Málaga
Depuradora de Almería Vertidos Almería
Cádiz Evento Cádiz
Central térmica de Aboño Vertidos Asturias
Cabo de Peñas Urbanismo Asturias
Sóller Obras Mallorca
Andratx Vertidos Mallorca
Cala Blanca Andratx Urbanismo Mallorca
Palacio de Congresos de Palma Urbanismo Mallorca
Maspalomas Obras Gran Canaria
Polígono de El Goro y Salinetas Vertidos Las Palmas
Playa de Bocabarranco, Telde Vertidos Las Palmas
Puerto de Tazacorte Urbanismo La Palma
Hotel Papagayos en Playa Blanca Urbanismo Lanzarote
Puerto deportivo de Laredo Obras Cantabria
Playa de Dicido, Mioño Vertidos Cantabria
Ría de San Martín de la Arena, Suances Vertidos Cantabria
Bahía de Santander Urbanismo Cantabria
Badalona Obras Barcelona
Playa de S´Abanell, Blanes Obras Girona
Cunit Obras Tarragona
Riera dels Canyars, Gavà Vertidos Barcelona
Plataforma petrolífera Casablanca Vertidos Tarragona
Delta del Llobregat Urbanismo Barcelona
Bulli Foundation Roses Urbanismo Girona
Cambrils Urbanismo Tarragona
Barcelona Evento Barcelona
Getxo Obras Bizkaia
Guggenheim 2 Urdibai Urbanismo Bizkaia
Orio Urbanismo Guipúzcoa
Laguna y Arenal de Valdoviño Obras A Coruña
Marín Obras Pontevedra
El Ferrol Vertidos A Coruña
Ría de Muros-Noia Vertidos A Coruña
Costa de A Mariña Vertidos Lugo
San Cibrao Vertidos Lugo
Ría de Vigo Vertidos Pontevedra
A foz de Miñor, Vigo Vertidos Pontevedra
Fisterra Urbanismo A Coruña
Barreiros Urbanismo Lugo
Talaso Atlántico Urbanismo Pontevedra
Planta desalinizadora Vertidos Melilla
Desembocadura del Río Oro Vertidos Melilla
Vila Joiosa Obras Alicante
Comarca del Baix Maestrat Obras Castellón
Benicassim Obras Castellón
Gandía Obras Valencia
Playas de la Marina Alta Vertidos Alicante
Comarca del Baix Maestrat Vertidos Castellón
Almassora Vertidos Castellón
Costa Canet d´En Berenguer a Almenara Vertidos Castellón
Alicante Vertidos Alicante
Albufera de Valencia Vertidos Valencia
Comarca del Bajo Segura Urbanismo Alicante
Comarca del Baix Maestrat Urbanismo Castellón
Comarca de la Safor Urbanismo Valencia
Valencia Evento Valencia
Bolnuevo, Mazarrón Obras Murcia
Mar menor Vertidos Murcia
Valle de Escombreras, Cartagena Vertidos Murcia
Águilas Urbanismo Murcia

Ver Banderas Negras 2012. Vertidos al mar en un mapa más grande

Ver Banderas Negras 2012. Obras en la costa en un mapa más grande

Puntos Negros Lugar
Proyecto de construcción en La Mangueta Cádiz
Amenaza de construcción en Valdevaqueros Cádiz
Ampliación de la playa de la Colónia de Santa Pere Mallorca
Proyecto “Eurovegas” Delta del Llobregat
Construcción de viviendas en la marisma de Aieri Ondarroa
Construcción de la Planta de Coque de Petronor Muskiz
Extracción fondos marinos frente playa de La Arena Bizkaia
Pasarela sobre los acantilados de Mompás Donostia
Proyecto de ampliación del puertos comercial Melilla
Amenaza urbanística en la Playa de Ahuir Gandía
Playa Flamenca-Cala La Mosca Orihuela
Actuación de Interés Regional Marina de Cope Murcia

 

Ver Puntos Negros 2012. Los lugares más amenazados de la costa en un mapa más grande