Agora que as negociacións sobre a reforma da Política Pesqueira Común (PPC) entran na súa fase final e decisiva, 218 organizacións civís instan o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a que acepte o evidente e apoie o fin da sobrepesca e a aceleración da restauración das poboacións de peces.

PDF - 67.9 KB
Carta al Ministro de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente

“217 organizacións civís lembraron aos ministros de pesca que acabar coa sobrepesca é unha obrigación legal para a UE e que ten implicacións sociais, económicas e ambientais”. Segundo declarou Miquel Ortega, coordinador político de OCEAN2012 en España, “Facemos un chamado aos ministros de pesca da UE a seguir o exemplo de Australia, Nova Zelandia e Estados Unidos e aprobar unha política que permitirá a recuperación dos stocks de peixes até niveis sustentábeis, sen perder máis tempo”.

O 6 de febreiro, o Parlamento Europeo votou cunha abafadora maioría pór fin á sobrepesca para 2015 e a restauración das reservas de peixes antes de 2020. Pero os ministros no Consello de Pesca rexeitaron estes obxectivos. Acordaron só acabar coa sobrepesca para 2020 e non estabeleceron obxectivos para restaurar as poboacións de peixes.

Mentres negocian o deseño da nova política de pesca, o Consello de Ministros e o Parlamento Europeo teñen a oportunidade de pór fin a 30 anos de mala xestión pesqueira:

  1. Actualmente, o 47% das poboacións avaliadas no Atlántico e o 80% do Mediterráneo están sobreexplotadas, así como 5 de cada 7 reservas no Mar Báltico.
  2. Se os Estados membros da UE dependesen soamente do peixe capturado nas súas augas, este ano ficarían sen peixe o 6 de xullo.
  3. A sobrepesca das poboacións da UE está a malgastar máis de 3 mil millóns de euros cada ano en valor potencial de desembarques, o que equivalería a xerar máis de 100.000 empregos.

“Instamos os ministros de pesca da UE que aseguren que a Política Pesqueira Común sexa unha ferramenta de xestión pesqueira adecuada, para asegurar unha fonte estábel de peixe salvaxe para o mercado europeo e para ofrecer un futuro viábel e sustentábel ás comunidades dependentes da pesca da Unión”, declarou Lydia Chaparro, responsábel de pesca de Ecoloxistas en Acción.


Agriculture and Fisheries Council © European Union