Alegacións ao proxecto de Real Decreto de Autoconsumo

Todas as versións deste artigo : [Castellano] [Galego]

Con suma ironía, o pasado 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, o Goberno presentou un borrador de Real Decreto de Autoconsumo, que, ao contraxeito internacional, pretende impor un "Imposto ao Sol" e obstaculizar enormemente a emancipación enerxética cidadá que supón esta forma de xerar e consumir enerxía eléctrica, a través dunha infinidade de barreiras administrativas e económicas.

O momento non é casual: grazas á espectacular evolución tecnolóxica das renovábeis, hoxe en día xa é máis barato –e moito máis sustentábel- autoabastecerse de electricidade con placas solares no teu tellado que comprala da rede. Todo iso sen necesidade de ningún tipo de axuda nin subvención.

No país do sol, non ten ningún sentido pór atrancos a que a cidadanía poida producir a súa propia electricidade con esta fonte renovábel abundante e barata. Con todo, o ministro de Enerxía, José Manuel Soria, quere impedir unha ferramenta imprescindíbel para reducir a nosa dependencia enerxética exterior, xerar enerxía eléctrica de forma sustentábel e descentralizada, e fomentar a economía cidadá e local. Mesmo se permite falar de insolidariedade dos que queiran autoabastecerse sen pagar o “imposto ao sol”. Quizais se referise á insolidariedade coas eléctricas, que son as únicas beneficiadas con esta insólita proposta.

Ti podes dicir ao ministro Soria que retire o borrador e con el, o imposto ao sol. Abriuse un trámite de audiencia pública, no que todo cidadán pode enviar os seus comentarios antes do próximo 24 de xuño. Ao asinares esta iniciativa, enviarase un correo electrónico á Secretaría de Estado de Enerxía co escrito de alegacións que podes consultar aquí:

*Organizaciones convocantes: Amigos de la Tierra, ASGECO, ATTAC, CECU, Ecologistas en Acción, Ecooo, FACUA, Fundación Renovables, Geoatlanter, Goiener, Greenpeace, La Oficina de JGB, Plataforma por un Nuevo Modelo Energético, SdeO Comunicación, SEO/Birdlife, Som Energía, UNEF, WWF España.




Visitantes conectados: 195