Ecoloxistas en Acción Galego

Último engadido : 6 de xaneiro.

Portada

  • Un xacemento no lixo


    Acumúlanse 275 millóns de toneladas de materias primas valiosas, perto do 70% de todos os nosos residuos terminan enterrados no canto de reciclados. A redución, reutilización, o Sistema de Retorno e a recolla selectiva da materia orgánica serían a solución para xestionarmos os nosos residuos.

  • A sentenza do Prestige é unha burla á sociedade


    Ecoloxistas en Acción rexeita o resultado da sentenza da Audiencia Provincial da Coruña sobre o Prestige e considéraa decepcionante porque non só non determinou responsabilidades a respecto doutros responsábeis políticos do Goberno ou da cadea de propietarios e xestores do buque, senón que absolveu aos que estaban acusados no proceso.

  • A calidade do aire no Estado español durante 2012


    Ao longo de 2012, o 94% da poboación respirou aire contaminado, de acordo aos valores recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Así se desprende dos datos recollidos en todo o Estado español e analizados por Ecoloxistas en Acción no seu informe anual.

  • Finaliza o estudo de algas invasoras no PN Illas Atlánticas


    Ecoloxistas en Acción finaliza o estudo de distribución de algas invasoras nas Illas Cíes realizado durante os meses de setembro e outubro, no Parque Nacional das illas Atlánticas.

  • Un Día sen Coches cos mesmos automóbeis


    O domingo 22 de setembro vólvese celebrar o Día sen Coches. Con todo, as máis de 300 cidades españolas que participan nesta iniciativa, colofón da Semana Europea da Mobilidade, seguirán cheas de automóbeis.

  • Pagar polo sol


    O proxecto de lei do sector eléctrico aprobado en Consello de Ministros está feito a medida das grandes empresas do sector e en prexuízo da cidadanía, a economía estatal e local e o ambiente.

  • Agrocombustíbeis: un sector sobresubvencionado que non cumpre obxectivos


    A industria española dos agrocombustíbeis recibiu perto de 1.200 millóns de euros anuais en forma de obxectivos de consumo obrigatorio e exencións fiscais.

  • Un laboratorio flotante nas Illas Cíes


    A Diosa Maat, veleiro de Ecoloxistas en Acción, acolle a voluntarios de todo o país para cartografiar as algas invasoras e avaliar a calidade dos ecosistemas asociados.

  • A intervención en Siria non é a solución, nin as armas químicas a causa


    Ecoloxistas en Acción sinala que o que está detrás da probábel intervención de EE UU e algún dos seus aliados en Siria non é o posíbel uso de armas químicas polo Goberno da al-Assad, senón desembarazarse dun inimigo na zona.

  • O xuízo do Prestige, visto para sentenza


    Despois dunha longa instrución de 10 anos e case 8 meses de vista, hoxe queda visto para sentenza o xuízo polo Prestige. Ecoloxistas en Acción denuncia que máis aló dos tripulantes, o capitán e o Director da Mariña Mercante, moitos responsábeis últimos do accidente nin sequera aparecen como imputados no caso.

0 | ... | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | ... | 200

+ información

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90

Ecologistas TV

Crónica dun envelenamento

O lindano era o principio activo de boa parte dos insecticidas que se comercializaron durante máis de tres décadas ata finais dos setenta cando se prohibe o seu uso agrícola por ser canceríxeno. Non hai peor veleno que a conxunción da ignorancia (...)

Seminario Pesca PPC TAC

La confederación Ecologistas en Acción, con la colaboración de la Fundación ENT, ha organizado el seminario ’Puntos clave de la Política Pesquera Común para acabar con la sobrepesca. El arte de enlazar ciencia, política y conocimiento’, evento que ha (...)

Entrevista a Paco Ramos (fragmento)

Extracto de la entrevista a Paco Ramos, especialista en minería de Ecologistas en Acción, para el documental "Corcoesto. Voces contra a megaminería". Más información

Documentos




Visitantes conectados: 253